"A xente ten moitas ganas de falar e de ser escoitada", as impresións de 'Contame un mundo'

A xira de intercambio de historias recorrerá concellos coma o da Baña, o de Touro, o de Rois e o de Boboras, entre outros.

Por Águeda Cernadas | Santiago de Compostela | 22/07/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Galicia é un lugar rico en tradicióncultura e sobretodo en lendas e historias e esto sabeno moi ben as creadoras do proxecto 'Cóntame un mundo', Raquel Queizás, Alba de Vales, Olga Abad e Carmen Domech, catro mulleres con tres oficios en común, actrices, titiriteiras e narradoras.

A equipa de Cóntame un mundo. Enrriba Raquel Queizás e Olga Abad, abaixo Alba de Vales e Carmen Domech
A equipa de Cóntame un mundo. Enrriba Raquel Queizás e Olga Abad, abaixo Alba de Vales e Carmen Domech | Fonte: Sara Garchi

O proxecto consiste nunha xira por distintos concellos galegos nos que se realizaran diferentes actividades como contacontosrecolleita de historias ou a elaboración de roteiros. Este nace da necesidade de que nas vilas haxa a mesma afluencia cultural que pode haber por exemplo nas grandes cidades e ademais evitar que se perdan historias ou lendas e caían no olvido co paso do tempo. "É un momento crucial para recoller estas historias xa que hai posibilidades de que se poidan perder", explica Alba de Vales.

Segundo conta Olga Abad, "coñecémonos do mundo da cultura, temos inquedanzas en común", porén, cando Camen Domech xuntounas non dubidaron en levar a cabo a xira 'Cóntame un mundo'. O nome ocorreuselle a Raquel Queizás xa que cree que o mundo contao cada persoa dende a súa vivencia e experiencia e cada visión que ten cada un acaba formando o mundo.

A selección dos lugares onde ían ir recollendo historias só tivo un filtro, que foran concellos de menos de 5.000 habitantes. A partir de ahí fixeron unha lista e ofertaron o seu proxecto e os concellos que dixeron que si foron os elexidos para recoller as historias dos seus veciños. Aínda así Alba considera que hai lugares nos que hai moitas parroquias e en ocasións non poden acudir a todas polo que considera que igual, en próximas edicións haberá que ter en conta a descentralización en parroquias e aldeas.

O truco que non lles falla, segundo Olga, e comezar preguntandolles por unha receita de cociña e a raíz deso sóltanse e son quen de falar.

A xira arrincou o 1 de xullo no Concello da Baña e rematará o 4 de agosto en Vilarmaior. A acollida non puido ser millor, tanto Alba como Olga coinciden en que foi "xenial" e en que están "contentísimas e orgullosas". En cada lugar primeiro realizan un contacontos dirixido, principalmente, aos máis pequenos, a continuación realizan a recolleita de historias e finalmente fan un roteiro.

PRIMEIRAS IMPRESIÓNS

A percepción xeral das catro integrantes é que como di Olga, "a xente ten moitas ganas de falar, e nós temos un interese real en escoitar e eso nótase". Outra  impresión que se levan deste inicio é que ás mulleres cóstalles máis animarse a falar polo que elas intentan que se animen e buscan estratexias para crear un ambiente distendido que lles de seguridade para falar. O truco que non lles falla, segundo Olga, e comezar preguntandolles por unha receita de cociña e a raíz deso sóltanse e son quen de falar.

Ademais as historias non só van a quedar neses espazos senón que a intención é recompilalas todas e que consten na súa web. Ademais, nos roteiros porán un código QR que levará directamente a enlaces que conteñan unha historia. Pero como di Olga, "o mantemento destes xa si que dependerá do concello".

ANECDOTAS

Como todo, este proxecto deixa algunhas anecdotas que estas mulleres queren compartir. Por exemplo, Olga explica que, unha vez, estiveron dúas horas recolectando as historias do público xa que todo o mundo tiña algo que contar e elas moitas ganas de estudar. Pola súa banda Alba explícanos que nunha ocasión acabaron en Urxencias de Ourense (nada grave conta entre risas) e alí recoñeceunas unha parella que viñera á recolleita. O marido, Felipe, apasionado da fotografía, decidiu seguilas nalgunhas actividades máis retratandoas coa súa cámara.

FINANCIAMENTO

O proxecto atópase financiado polos fondos europeos Next Generation e conta co apoio da Axencia Galega de Industrias Culturais. Para o proceso servíronse da súa propia experiencia en proxectos anteriores e tamén da axuda que lle brindaron compañeiras e compañeiros como por exemplo os membros de 'Rede Aldear'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta